Sunday 28 de April de 2024

Campaña de doazón de sangue o mércores en Cabanas


O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia de 16 a 21 horas

O Concello de Cabanas informa da presenza no noso concello do autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) o próximo mércores, 19 de outubro, en horario de 16.00 a 21.00 horas. Como vén sendo habitual, estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.

As persoas que desexen doar sangue nesta campaña e queiran solicitar autocita poden facelo chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. En todos os casos, con cita previa ou sen ela, para poder doar é preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos non acudir en xaxún.

Cada día, os hospitais de Galiza precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que a colaboración é fundamental para poder acadar as doazóns diarias necesarias para atender a milleiros de doentes.